
![]()
A Consellería de Medio Ambiente, a través da
Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental,
está levando a cabo unha campaña de distribución de
preto de 15.000 contedores para a recollida de pilas
usadas. Estanse distribuindo 12.487 contenedores
pequenos nas aulas dos centros escolares públicos de
Galicia e 1.938 de tamaño mediano para o vaciado
dos anteriores; nos concellos repártense 374
contedores de maior tamaño colocados á disposición
de tódolos cidadáns.
As pilas acumuladas serán recollidas a finais do presente ano para o seu envío á Planta de Tratamento de
Pilas Usadas de As Somozas. Esta planta, dependiente da Consellería de Medio Ambiente, convertiu a
Galicia na pioneira española en canto a xestión integral e conxunta de todo tipo de pilas.
Os efectos nocivos das pilas son de tal magnitude,
que unha soa de tipo botón pode contaminar 600.000
litros de auga. Na planta de Somozas, atravesan un
proceso de estabilización química que transforma os
compoñentes orixinais en productos inocuos
aproveitables en parte para a obtención de
subproductos como a chatarra férrica e o sulfato
amónico, que son reutilizados.