©Webmaster

 

O C.E.I.P. da Torre-Cela está situado na parroquia de Santa María de Cela, no concello de Bueu (Pontevedra).
Esta parroquia ten uns 1700 habitantes nas entidades de poboación de Antepazo, Beloso, Burgo, Cabreira, Iglesario, Murráns, Castiñáns, Paradela, Pena, Pousada, Rio, Sabarigo, Santo e Torre.
O término está situado nunha zona marítima a 4 km. da capital do municipio. Os seus principais accidentes xeográficos son as puntas de Cabezón, Corveiro e Lapamán, así como as praias de Agrelo, Lapamán e Portomaior.
Comunícase pola estrada C-550 de Pontevedra a Vilaboa, que discorre ó longo da península do Morrazo.

 

Pincha no mapa para ver unha ampliación da zona:

 

 
Cela é unha zona na que fai anos non había case infraestructuras. Hoxe estase facendo un gran esforzo para dotar ó pobo dunha traida de auga, alcantarillado, luz e sobre todo o asfaltado e ancheado dos camiños para que cheguen ás portas das casas de cada veciño.
O tipo de pobamento da zona é moi disperso, tendo os alumnos que desplazarse ó centro por medio dos autobuses do transporte escolar. O radio de acción do centro é apróximadamente de dous kilómetros.
As familias que envian ós seus fillos a este colexio, pertencen en xeral a un ambiente agro-mariñeiro, aínda que co paso do tempo a agricultura descendeu de modo importante e o mariñeiro tamén leva camiño de desaparecer como primeira vía de desenrolo económico de Cela, e de toda a zona do Morrazo en xeral.
A maior parte dos habitantes teñen vivendas de tipo unifamiliar, xeralmente de moi boa construcción; ou vivendas rehabilitadas. A vida está ligada aínda de xeito importante ó mar. Máis xa son moitos os veciños que traballan na construcción e noutras pequenas empresas familiares. As largas ausencias no mar dos cabezas de familia, marcan a educación familiar dos nenos.
 
 
O nivel de estudios dos pais é o de Graduado Escolar, título que a maior parte obtivo no noso colexio. Son xa moitos os que seguiron estudios de formación profesional e tamén algúns que teñen carreira universitaria. Moitos tamén estudiaron algunhas ramas de formación profesional náutico-pesqueira.
O analfabetismo na parroquia, noutro tempo elevado, hoxe é residual, dándose exclusivamente en xente da terceira idade.
A língua dominante na zona, e utilizada de cotío, é a galega.
Os perigos para os nenos e nenas hoxe en día en toda a zona do Morrazo son a drogadicción e o paro, que fan cada día máis estragos na nosa xuventude.