©Webmaster

 

Por outra banda, neste momento conviven na parroquia de Cela dúas asociacións culturais: "Danzadeira" e "Retrouxo". Ademáis da Asociación de Veciños e da Comunidade de Montes. Todas elas manteñen unha estreita colaboración co noso centro, onde celebran a maior parte das súas xuntanzas.
 
 
Dentro dos monumentos da parroquía destaca pola súa importancia a igrexa parroquial; de estilo Románico e pertencente á segunda metade do século XII.
Foi construida polo mandato dos sanjuanistas, que posuían moitas terras na zona do Morrazo. Consta dunha nave e un ábside rectangular, cuberta cunha bóveda de canón.
Para saber máis acerca deste templo románico cómpre a lectura do libro editado pola Diputación Provincial de Pontevedra e de título: "En la ruta del Románico: la iglesia sanjuanista de Santa María de Cela".
Dita igrexa pode apreciarse na seguinte fotografía: