
O noso Taller de Experiencias comprende dúas áreas diferentes pero complementarias para nós: O Laboratorio e a Sala de Informática.
O Laboratorio é un amplo espacio cheo de artiluxios e coleccións de extraños animais, minerais e vexetais. Ten unha zona adicada ós microscopios e lupas, outra para o estudio do corpo humano e outras zonas de traballo, con grandes mesas e luminosos espacios de experimentación.
A Sala de informática comparte o espacio e tamén comparte a actividade, posto que normalmente se utiliza para o mesmo que o Laboratorio, ou sexa, para experimentar, para facer coas mans o que se está a estudiar, para ampliar a información e ver as cousas doutro xeito.
