AtrásPáxina inicialIES "Francisco Aguiar"

Álbum de fotos: Curso 2006 - 07

2º Trimestre
3º Trimestre

1º Trimestre

Outubro 2006. O Delegado de Educación D. Pedro Armas e o Alcalde de Betanzos D. Manuel Lagares na súa visita ó Instituto, acompañados dos Inspectores D. José Antonio Gay e D. Francisco Pérez e do Concelleiro D. Francisco Díaz.
Estancia de 17 alumnos deste Instituto entre o 16 e 26 de setembro de 2006 en Nuremberg, nunha actividade de intercambio co colegio Willstätter-Gymnasium Nürnberg.  A actividade foi organizada polos profesores Amparo Mejuto, Mª Jesús Suárez e Sebastián Buedo, que tamén acompañaron ós alumnos. Fixeron percorridos polo centro da cidade, visitaron monumentos, museos, etc, e tamén visitaron Múnich e Bamberg. Ver máis fotos.
Un rincón do Instituto en outono.
Excursión de 3º de ESO a museos de Santiago, organizado polo profesor Constantino Chao.
Alumnos de 3º de ESO na exposición A Galicia máis natural, organizada pola Deputación de A Coruña.
Estancia en Florencia de 16 alumnos deste Instituto, nun intercambio co Liceo Scientifico "Niccolo Rodolico", organizada polas profesoras Uxía López e Lucía Sáez. Ademáis estiveron dous días en Roma e visitaron as cidades de Lucca, Pisa e Siena. Ver máis fotos.
Curtometraxe realizado polos alumnos de 4ºC de ESO do curso 2005-06 para a actividade "La literatura en el cine" baixo a dirección do profesor Francisco Rodríguez. Ver vídeo. (enlace permanenete en Colaboracións)
Distintos momentos do acto de entrega dos premios Protagonistas del mañana do Rotary Club de Betanzos ós alumnos que foron deste Instituto Mónica Corral Zas e Simón Beceiro Cagiao, que se celebrou o 18 de novembro.
Estamos en plena liga de balonmán, feminina e masculina, organizada polo profesor de Educación Física Raimundo Fernández.
O 29 de novembro o Parlamento de Galicia, que está celebrando o 25 aniversario, presentou neste Instituto o programa Diálogo coa escola. Neste acto estiveron membros da mesa do Parlamento: a súa Presidenta Dna. Dolores Villarino Santiago, o seu Vicepresidente 2º D. Jaime Alberto Pita Varela, o Secretario D. Pablo Xabier López Vidal e o Vicesecretario D. José Manuel Baltar Blanco. Tamén estivo presente o Vicepresidente de Caixa Galicia D. Andrés Fernández Albalat. Ver reportaxe completo, con vídeos. (Reportaxe gráfica dos alumnos Viviana Rivera e Alberto Varela de 2ºE de Bacharelato).
Excursión de 3º de ESO a museos de Santiago, organizado polo profesor Constantino Chao.
Entrega dos premios do 3º Certame de Contos Ilustrados convocados pola ONG "Acción contra a fame". De esquerda a dereita: a profesora Olga Patiño, a alumna Verónica Cainzos Díaz que obtivo o primeiro premio, a profesora Elvira Castro, a alumna Lucía Naya Ríos que obtivo o segundo premio e José Luis Fernández Esteller, representante da ONG.
Excursión a Padrón de alumnos de 4º de ESO, organizada polo Departamento de Lingua Castelá.
Torneo de xadrez de Nadal. Na terceira foto o profesor-entrenador Óscar García con participantes que resultaron premiados coa camiseta do Instituto. Na última foto, os alumnos Soledad Lolo de 1º E de Bacharelato, Alfredo Amado e Andrés Díaz de 4º C de ESO resultaron campiona na categoría feminina, subcampión e campión na categoría masculina, respectivamente.
Teatro de Nadal: Representación do conto "Yo y el ladrón" de Wenceslao Fernández Flórez a cargo de alumnos de 2º de ESO, nunha actividade organizada pola profesora Elvira Castro. Máis...
Música de Nadal: Actuacións dos alumnos de música de 1º e 2º de BACH da profesora Blanca Bello.
Teatro de Nadal: Actuación do grupo de teatro de 3º de ESO, dirixidos polo profesor Tino Chao.
Campionato de balonmán de Nadal.

2º Trimestre
3º Trimestre

Páxina inicialAtrás