Álbum de fotos: Curso 2006 - 07
|
3º Trimestre |
![]() |
![]() |
|
|
|
Visita a Betanzos desde o 11 ó 22 de abril de 2007 dun grupo de alumnos e
dúas profesoras do
Instituto Bilingüe Károly Mihály de Budapest, nun intercambio xuvenil
intracomunitario dentro do programa "Juventud: Europa, nexo entre dos
pueblos", en devolución da visita que os alumnos do Instituto "Francisco
Aguiar" realizaron a Hungría en febreiro deste ano. Esta actividade está
organizada polos profesores deste Instituto Sebastián Buedo e Julián Ferrer.
Nas fotos pódese ver a recepción no Concello de Betanzos e no Instituto. Ver máis fotos. |
![]() |
| A Asociación de Comerciantes de Betanzos (ACEBE) acaba de doar un feixe de libros á biblioteca do Instituto para animar á lectura. Están expostos na entrada do centro á vista dos alumnos. |
![]() |
| Información ó alumnado de 2º de Bacharelato sobre os Ciclos Formativos de Grao Superior que se imparten neste centro, a cargo dos profesores dos mesmos Montserrat Penelas do CS de Información e comercialización turísticas e Francisco Niño do CS de Xestión comercial e márketing. |
![]() |
| 26 de abril. Visita de alumnos de 3ºA e B de ESO a Ferrol, organizada polo Departamento de Música, e acompañados polas profesoras Julia Dopico e Isabel Andrade. Visitaron o Museo Permanente de Periodismo do Diario de Ferrol, Museo Naval e a Exposición de Arte Contemporáneo da Aula de Cultura de Caixa Galicia. Asistiron tamén a unha conferencia sobre o músico Pepito Arriola, nado en Betanzos, a cargo do musicógrafo Luis Mera. |
![]() |
|
|
| Concurso de sudokus organizado polo Departamento de Matemácticas. Resultou ganador dunha calculadora e unha camiseta co anagrama do Instituto o alumno Alejandro Mejuto Blanco de 1º de ESO. |
![]() |
| Cristina Vidal González (á esquerda) e Ángela Fraga Quintana, alumnas de 2º de ESO deste Instituto, clasificáronse para a fase final da IX Olimipíada Matemática Galega de 2º de ESO que terá lugar en Vigo o 25 de maio. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| Excursión de alumnos de 4ºA, B e C de ESO a Valdoviño, San Andrés de Teixido, a Capelada, Cabo Ortegal, etc, acompañados dos profesores Teresa Cruz, Mariano Rodríguez e José Luis Tato. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| Visita dos alumnos de 3º de ESO á Central térmica de Meirama (Unión Fenosa) organizada polo Rotary Club de Betanzos e este Instituto. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| Alumnos de 3º de ESO e 1º BACH participaron coas ponencias adicadas a un proxecto de usos para o Monte do Gato e outro da análise de viñetas do debuxante "El Roto" no Iº Congreso de Educación Ambiental "Defendamo-lo noso patrimonio natural celebrado en Mera o 10 de maio. |
![]() |
![]() |
| Alumnos e profesores do departamento de matemáticas deste Instituto participando na Feira matemática 2007 no Palacio da Ópera da Coruña cun concurso de Sudokus. |
![]() |
| Alumnas premiadas no Concurso de Relato Curto sobre a exposición de Matisse. O 1º Premio recaeu na alumna Carla Díaz Vilariño (á dereita) de 4º de ESO co relato "A lagoa das cores" e o 2º Premio na alumna Carolina Cordal Rodríguez con "A ponte sobre o Támese". Momento despois da entrega dos premios en presenza da profesora organizadora Elisa Giráldez e o Director Xosé Manuel Montero. |
![]() |
| Fotos dos grupos de 2º BACH e Ciclos Superiores. Promoción 2007. Ver máis fotos. |
![]() |
![]() |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| 18 maio 2007. Acto de fin de curso - graduación dos alumnos de 2º BACH e Ciclos Superiores. Última: foto que saeu o 22 de maio na Voz de Galicia. Ver máis fotos. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| Diplomas entregados ós cinco grupos de 2º de ESO pola súa participación na actividade de "Animación á Lectura: Dramatización de poemas de Lorca con acompañamento musical", organizada polas profesoras Isabel Andrade e Elvira Castro. |
![]() |
| A alumna Ángela Fraga Quintana (primeira pola esquerda lendo a entrevista que lle realizou ó Ilmo. Sr. D. Antonio Fraga Mandián, Magistrado-Juez da Coruña e que saeu publicada o 23 de maio), de 2º de ESO, 3º premio na edición do carto concurso "Mejor periodista juvenil" convocado por A Voz de Galicia a través do programa Prensa-Escuela. |
![]() |
![]() |
| Torneo de Xadrez organizado polo profesor Óscar García, dentro dos actos das Letras Galegas. Competiron alumnos e profesores. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
Campionato de balonmán de fin de curso entre 1º e 2º BACH. Ganaron as alumnas de 1º e os alumnos de 2º. |
![]() |
![]() |
![]() |
| I Concurso Mascota de Biblioteca Francisco Aguiar. Resultaron gañadores: Primeiro premio para Iria Dopico Campo de 2º B de ESO, Segundo para Francisco Rodríguez de 1º E de ESO e Terceiro para Javier Seoana de 1º D de ESO, respectivamente. |
![]() |
| Premio ó mellor Blog de Prensa Escuela de La Voz de Galicia correspondente ó mes de maio, dirixido pola profesora Elvira Castro. O premio consiste nunha visita guiada á Voz de Galicia, Fundación Caixa Galicia e a tres museos. Invitación a desayuno e comida para 35 alumnos. Ir á noticia. |
![]() |
| Alumnos de 4º de ESO na exposición de traballos realizados na materia de Fogar coa profesora Carmen Souto. |
![]() |
![]() |
![]() |
| O grupo de teatro "Zucre" formado por alumnos de 1ºE de ESO, baixo a dirección da profesora Olga Patiño, e dentro das actividades de dinamización da biblioteca, representaron as tres obras: "Paroladas ó teléfono", "A galiña" e "O mosquito". |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| Final do torneo de fútbol sala para alumnos do primeiro ciclo de ESO, organizado pola profesora de educación física Delia Vázquez. |
![]() |
| Xuño 2007. O carballo do diálogo que foi prantado o 29 de novembro de 2006 con motivo da visita do Parlamento de Galicia ó noso Instituto para presentar o programa "Diálogo coa escola". |