Wifi ABALAR
A conexión WIFI Abalar é unha rede específica que só estará dispoñible para os equipos ABALAR dos centros participantes no proxecto.
Para o resto dos equipos do mesmo centro non estará dispoñible, e terán que utilizar a conexión habitual por cable ou WIFI do centro.
Principais características da WIFI ABALAR 
- Ata agora as redes existentes nos centros, pertencentes á rede corporativa de datos da Xunta de Galicia, estaban baseadas en IPs estáticas.
- A conexión WIFI Abalar (pertencente á rede corporativa) dispón dun DHCP (Dynamic Host Configuration Protocol) que permite asignar os parámetros de rede de maneira dinámica aos equipos.
- Esta conexión WIFI será automática, o centro non terá que xestionar nin configurar nada.
- Todo o que teña que ver coa conexión WIFI ABALAR será xestionado dende a Consellería.
- Así mesmo, isto permitiralles traballar en rede cos alumnos de forma eficaz contra un mesmo AP
O deseño dunha rede WIFI para as aulas que conecte tanto equipamento de maneira simultánea esixe o estudo previo do contexto onde se vai implantar. A nivel técnico, o escenario que nos atopamos nos centros educativos galegos é un escenario moi concreto e dunha gran dificultade á hora de deseñar o tipo de rede wifi a instalar.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0