Principal Mapa do sitio

Ferreira 09


Atrás Arriba

      

 

 

 

 

ABAIXO

 

CARREIRA POPULAR RUTA DO ROMÁNICO. FERREIRA 2009

 

O sábado 30 de maio de 2009 celebrouse en Ferreira de Pantón unha nova edición da Carreira Popular Ruta do Románico. A esta proba desprazouse unha moi ampla delegación do club da Gándara, unha proba que por certo medra ano a ano tanto en cantidade como na calidade dos participantes., e que este ano tivo a particularidade de disputarse baixo unhas moi altas temperaturas.

No aspecto deportivo destacou a presenza na proba do atleta da Gándara Rubén Castro Portela, actual subcampeón galego absoluto de milla que se celebrou a pasada semana en Coruña, e onde só foi superado por Gustavo Platas. Rubén Castro impúxose con total comodidade na proba e tardou en completar os 6.200 metros do recorrido nun tempo de 21 m 46 sg, o que deixa ben as claras a súa calidade como atleta de primeiro nivel galego.

Tras el entraría en segunda posición Carlos García Expósito, que está a completar un excelente final de temporada. En terceira posición da xeral entraba Ramiro Méndez, sendo ademais o gañador na categoría de veteranos. Polo tanto, dominio dos atletas da Gándara nas primeiras posicións da carreira.

A estes tres podios na proba, hai que sumarlle outros 20, co que o clubs A Gándara despide a tempada das carreiras da zona sur cun excelente sabor de boca. Tamén na categoría absoluta destacou o segundo posto na xeral da xoven atleta Estela García, que pouco a pouco está a subir o seu nivel competitivo.

Na carreira especial , destinada a pais, nais e acompañantes de atletas, tamén a Gándara conseguiu uns excelentes resultados. Así, Luis Alberto Díaz, Marcos Méndez e Adrián Casanova lograban as tres primeiras posicións, mentres que Natalia Gran acadaba a segunda posición tras unha excelente carreira.

 

Categoría menores

No que respecta a categoría de menores, os resultados máis destacados foron os seguintes:

Na categoría Pre-Benxamín Masculina, Ramón González anotouse unha nova proba no seu aínda corto palmarés, mentres que o seu compañeiro Víctor Álvarez entraba en segunda posición. Na mesma categoría, pero en categoría feminina, podio integro das atletas da Gándara: Nadia Rodríguez, Uxía López e Carmen Martínez realizaron unha moi boa proba.

En Benxamín Masculino, Damián Méndez era o primeiro, seguido polo seu compañeiro de equipo Marc Marcos. Na categoría femenia, segundo posto para Marta Martínez, actual medalla de bronce no campionato galego de 1km en ruta.

No tocante os Alevíns Masculinos, Bruno Rodríguez volveu a impoñerse nunha proba do calendario galego, sendo Brais López o terceiro nesta mesma proba. Nas nenas, Sheila Vázquez tamén resultaba gañadora, mentres que Claudia Peña entraba en terceira posición.

E para finalizar, na categoría Infantil Masculino, Domingo Rodríguez acadaba a segunda posición, mentres que nas femias, Alba Rodríguez e Saleta Fernández entraban en primeira e segunda posición da proba, nunha tempada que está sendo moi frutífera para as dúas.

Por último, a pesar de rematar o calendario atlético na zona sur os atletas da Gándara seguirán competindo en diversas probas. Así Ramiro Méndez, Pedro Estévez e Felipe Barata participarán na última proba do Corre con Nós, onde ambos ocupan postos de podio nas súas categorías. Pedro tamén disputará proximamente o Gran Fondo Olmo de Pontedeume, unha proba de 19 km, mentres que o seu irmán Emilio Estevez e Carlos García Expósito correrán a finais de mes o maratón de Toral de los Vados.

 

ARRIBA

 

 
CEIP "A GÁNDARA"
Última
actualización
: 09/09/2010