| 
 
 
 | O DEPORTE NO COLEXIO A GÁNDARA  O deporte é un elemento máis na formación educativa e pedagóxica do neno na súa etapa escolar. Por iso, dende o noso colexio temos claro que unha boa oferta educativa no eido deportivo repercute directamente nunha mellora na calidade do ensino, que por outra banda non deixa de ser un dos principales obxectivos do centro.   O deporte no noso colexio está diferenciado en dous ámbitos: no período escolar e no período extraescolar. No período escolar, o responsable máximo de organización de eventos deportivos é o profesor de educación física do centro (Felipe Barata) e no período extraescolar a organización corre a cargo da Asociación de Pais de Alumnos, ca Presidenta Silvia á cabeza que están dando un apoio moi importante na dinamización organizativa do colexio neste aspecto.     Medio centenar de alumnos do colexio de A Gándara participan nas distintas competicións de deporte escolar. Voleibol, baloncesto e fútbol sala (Ver IMAXES) son os distintos deportes nos que participamos dende o colexio. Aparte dos resultados, o que prima para a dirección do colexio é o elemento formativo. Estos distintos equipos disponen de monitores especializados.     En voleibol, a encargada de coordinar o equipo é a xogadora do Ribeira Sacra, María José Garrido, cun traballo digno de eloxio, xa que no equipo que ten destacan algunhas deportistas con moita proxección, que a medio plazo poderían dar o salto as categorías infantil ou cadete da Pinguela. Dez xogadoras están ás ordes da entrenadora do Caurel.     Juan Pablo Sánchez “Papa”, xogador do Club Baloncesto Chantada, entrena o equipo de baloncesto, no que compiten unha decena de deportistas. Completa esta oferta deportiva o fútbol sala, que reúne a unha veintena de deportistas nas categorías de benjamín e alevín.     Por outra lado, están os deportes e actividades deportivas organizadas polo propio centro. As actividades físicas e deportivas desenroladas polo centro son as seguintes:     - O CROSS DO MAGOSTO. Competición que se desenrola no centro xunta ca festividade do magosto e que este ano alcanzou a súa segunda edición. Consiste nunha carreira por categorías (prebenxamín, benxamín e alevín) nos alrededores do propio colexio.   - TORNEO DE FÚTBOL-SALA. Organízase en colaboración ca asociación de alcohólicos rehabilitados de Monforte e celébrase no dia mundial sen alcohol e tabaco. Este ano alcanza a terceira edición despois duns anos de non celebrarse.   - MARATÓN DO ESTUDIANTE. Desenrólase no último venres lectivo do mes de abril e participan nel tódolos colexios e institutos da cidade de Monforte. Este ano alcanza a súa terceira edición despois duns anos de non celebrarse.     Tamén o colexio colabora nas seguintes actividades deportivas:     - CURSO DE INICIACIÓN Ó PIRAGÜÍSMO. En colaboración ca Diputación Provincial e co clube de piragüismo local “Quixós”. Desenrólase na última semana de maio e este ano alcanzará a súa segunda edición.   - SEMANA DE XOGOS COOPERATIVOS. En colaboración con I.E.S. “Rio Cabe” e levado a cabo polos alumnos do ciclo superior de actividades físicas e deportivas. Desenrólase durante unha semana e normalmente e no mes de maio. 
 | 
| CEIP "A GÁNDARA" |