| 
 
 
 | 
 INICIACIÓN Ó PIRAGÜISMO 07 
 Durante a tarde do xoves 30 de Maio se celebrou por terceiro ano consecutivo unha das actividades deportivas máis vistosas e con máis éxito de participación do alumnado, que non é outra que estas xornadas de iniciación ó piragüismo, que dende o colexio se organiza por terceiro ano consecutivo ca colaboración do club de piragüismo local, o club Quixós e tamén ca colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte, encargada este ano de cubrir co seguro deportivo de todos os participantes. Esta actividade está dirixida a tódolos nenos do terceiro ciclo de primaria, e sirve como punta de lanza para a adquisición dunhas destrezas básicas deste deporte, e o mesmo tempo como fomento dun deporte minoritario que pouco a pouco se vai facendo un lugar propio na comarca de Lemos, gracias en parte a este tipo de iniciativas. O curso de iniciación ó piragüismo ten carácter gratuíto e nel participaron arredor duns 20 alumnos, e o mesmo tempo forma parte da axenda de actividades deportivas do colexio A Gándara. O lugar onde se celebrou foi nas instalacións que o club ten no Parque dos Condes. 
 | 
| CEIP "A GÁNDARA" |