| 
 
 | |||||||||
| 
 | |||||||||
| 
 | 
| 
 | 
| 
 
 
 | CARREIRA POPULAR FERREIRÚA. 10 DE MAIO 2009 
 Cun gran éxito de público e participación se celebrou unha nova edición de carreira popular e Medio Maratón da Ferreirúa, sen dubida, unha das probas con máis carisma e importancia de todo o calendario galego, ademais de ser a única media maratón que se celebra no territorio provincial. A esta edición acudía unha vez máis unha numerosa delegación do club da Gándara, que de novo volvía a ser o equipo con máis representación no cómputo total de atletas con presenza na proba. Sen ningún tipo de dubidas, o gran éxito do clubes estivo na Media Maratón, onde por primeira vez un equipo da comarca resultaba CAMPEÓN da mesma. Esta vitoria supón un forte espaldarazo para a consolidación do equipo senior da Gándara, que dende xa se pode considerar como un dos fortes de toda Galicia a nivel de calquera carreira popular. Os integrantes desta histórica competición foron en orden de chegada a meta: Carlos García, Emilio Estévez, Ramiro Méndez, Pedro Estévez, Rubén Fernández, Ramón Muñoz e Fernando Gómez. Ademais, Emilio Estevez foi o gañador da súa categoría, seguido de Ramiro Méndez. Carlos García Expósito acadou o segundo posto na súa categoría, ademais de acadar o sétimo posto na xeral nunha espectacular carreira do xoven atleta monfortino. En canto a proba dos 9 kilómetros, Carmen Expósito conquistaba un novo podio na súa carreira deportiva, entrando terceira na súa categoría. No tocante a proba de 2.900 metros, a debutante no equipo Estela García obtiña unha gran segunda posición na xeral, mentres que Fernando González entraba terceiro en maiores de 29 anos. Categoría Menores En canto as probas de categorías de menores, de novo o clube estivo entre os máis destacados en todas as categorías. Así na categoría de menos de 4 anos, David Rodríguez e Noa Díaz entraban ambos na terceira posición. Na categoría de 5 a 6 anos, Ramón González conseguía unha vez máis outro podio entrando en primeiro lugar, mentres a seu compañeiro Victor Alvárez era terceiro.Na mesma categoría, pero en nenas, Uxía López acadaba a terceira posición Na categoría de 7 a 9 anos, vitoria para Claudia Peña e segundo posto para Aldara Otero, mentres que Bruno Rodríguez conseguía a segunda posición. No que respecta a categoría de 10 a 12 anos, Alba Rodríguez era terceira, e por último Alejandra Campos quedaba no mesmo posto na categoría de máis de 13 anos. 
 En total, 16 podios para o equipo o que confirma a este equipo como uns dos mellores de toda a provincia, sendo un dos poucos que ten representación tanto en categoría de menores como en seniors e veteranos. Estes resultados animan a seguir traballando no desenrolo do deporte monfortino. 
 | 
| CEIP "A GÁNDARA" |