| 
 
 | |||||||||
| 
 
 | |||||||||
| 
 | 
| 
 | 
|   
 
 
 | MARATÓN DO ESTUDANTE. MONFORTE 2009 
 Como xa é tradicional, un ano máis acaba de celebrarse unha nova edición do maratón do estudante na cidade de Monforte, e como tamén é habitual, unha boa representación de alumnos do colexio acudiu puntualmente a esta cita atlética, na cal están inscritos todos os centros de ensino do pobo. Ademais de ser unha cita convivencial, tamén ten o seu lado competitivo, e polo tanto, ten os seus gañadores e tamén a súa cerimonia de premiación. Os atletas máis destacados do colexio foron os seguintes: Na categoría PREBENXAMÍN MASCULINO triunfo para o atleta Marc Marcos, entrando Sergio Fernández na terceira posición. Ambos, o igual que todos os seus compañeiros no podio recibiron unha fermosa reprodución da Torre de San Vicente. Na categoría PREBENXAMÍN FEMENIO, a alumna Lidia Alonso empeza a despuntar como unha atleta a seguir, e a excelente proba que fixo valeulle a segunda posición. Polo que respecta os BENXAMÍNS, Bruno Rodríguez deu unha vez máis mostras da súa calidade impoñéndose na proba. Na versión feminina, o dominio das nenas da Gándara foi manifesto, xa que Sheila Vázquez, Claudia Peña e Aldara Otero acadaron a primeira, a segunda e a terceira posición respectivamente. Por último, na categoría ALEVÍN FEMENINO, tamén se deu un novo triplete das alumnas da Gándara. Alba Rodríguez foi a gañadora, Saleta Fernández segunda e Raquel Santos terceira , fixeron a súa última carreira como alumnas deste centro (se ben seguirán ligadas o equipo de atletismo do colexio) e demostraron a excelente xeración que houbo no colexio con estas atletas, as que ademáis hai que sumarlle a magnífica actuación por parte de Sonia Rodríguez (cuarta) e Denise Díaz (sexta). Na categoría de profesores impúxose o profesor Felipe Barata. | 
| CEIP "A GÁNDARA" |