Principal Mapa do sitio

MARATON 2007


Arriba

 MARATON 2006 Maratón Estudiante 07     

 

 

 

 

ABAIXO

 

IV MARATÓN DO ESTUDIANTE. MAIO 2007

 

    Organizado polo ciclo de actividades deportivas do IES Río Cabe, en colaboración con todos os centros educativos da comarca de Monforte de Lemos, se organizou o pasado 4 de Maio o tradicional Maratón do Estudiante que dende hai anos se está consolidando como unha das probas deportivas máis importantes do deporte base que se celebran na vila de Monforte.

 

    Un ano máis o centro estivo presente de xeito maioritario nesta proba, onde competiron nenos dende 4 ata 13 anos, é dicir, a práctica totalidade do centro, que afrontaron a proba con moita ilusión e ganas por pasar un día lúdico e deportivo ó mesmo tempo. Hai que ter en conta que este tipo de probas serven de promoción do deporte dun xeito divertido e festivo, pero non podemos desvinculala do seu carácter competitivo. E tanto dun xeito como doutro, o resultado non puido ser máis satisfactorio para as expectativas do colexio.

 

    De esta forma, o centro mellorou incluso os resultados obtidos na pasada edición, aumentando de forma notable o número de alumnos que obtiveron trofeo ou medalla na proba, froito do traballo que os propios alumnos levan facendo ó longo do curso.

 

    Así, na categoría de PREESCOLAR, o colexio foi o gran dominador da proba, ocupando os nenos do colexio os catro primeiros postos da categoría masculina e os dous primeiros na categoría feminina. Así, Sergio, Ulises, José Roca, Nico , Laura e María debutan con éxito nesta proba, que nesta categoría non ten carácter competitivo.

 

    Na Categoría PREBENXAMÍN FEMENINO, a gañadora da proba foi a alumna do centro Claudia Virginia Peña, que amosa unhas condicións importantes para este tipo de probas. Nesta mesma categoría Sheila Vázquez obtivo a cuarta posición , mentras que Nayara Figueiras e Lidia Patricia De Sousa tamén obtiveron medalla ó entrar entre as oito primeiras.

 

    Na categoría PREBENXAMÍN MASCULINO, Bruno Rodríguez obtivo a terceira posición.

 

    Mentres que na categoría benxamín masculino, o colexio non  obtivo ningún posto entre os mellores, podemos dicir que na de BENXAMÍN FEMENINO, o cole acaparou a práctica totalidade dos premios, sendo Alba Rodríguez a gañadora da proba, ocupando Saleta Fernández a cuarta posición, Raquel Santos a quinta, Sonia Rodríguez a sexta e Andrea Touzón a sétima.

 

    Na categoría ALEVÍN MASCULINO, Diego Vázquez ocupou a segunda posición e Domingo Antonio Rodríguez a oitava posición. Ambos participan en deporte escolar na disciplina de atletismo.

 

    Na categoría ALEVÍN FEMENINO, Laura Carneiro entrou en segundo lugar, e María Taboas ocupou a cuarta posición. Tamén elas participan en deporte escolar.

 

    Por último, na categoría de PROFESORES FEMENINO, a atleta Beatriz Delgado Cid ocupou a cuarta posición na súa primeira participación na proba. O profesor Felipe Barata Villapol gañou a categoría de profesores.

 

ARRIBA

 
CEIP "A GÁNDARA"
Última
actualización
: 09/09/2010