Excursión de 5º e 6º a Santiago  
  Novembro 2006  
 

O día 15 de Novembro fomos de excursión a Santiago. En primeiro lugar ao colexio La Salle, para ver unha obra de teatro chamada Schooldays. Era unha obra en inglés que trataba de tres estudiantes que se chamaban: Carla, que era de Pamplona, Amy de Cataluña e Maggie, de Chicago. Vivían nun ático en moi mal estado; as ventás non pechaban ben en non había calefacción, polo tanto ía moito frío. O problema era que non tiñan cartos para pagar o aluguer do ático, e a caseira, a señora Bedwin tiña moi mal xenio, ameazábaas con ir á policía se non lle pagaban o aluguer.
Nunha parte sacaron un rapaz do público, e ao final deixaron que os rapaces e rapazas fixeran preguntas ás actrices da obra. Como a obra era en inglés, a algúns pareceulles fácil de entender, pero a outros non.

  Momento da obra Schooldays.

 

Despois fomos ao Parlamento Galego
Ao entrar pasáronnos por un control de seguridade, e a moitos alumnos pitoulles a máquina por levaren móbiles e cámaras de fotos. Logo fomos á sala onden reciben os Reis cando veñen a Galicia. Estaban os retratos dos Reis e dos antigos Presidentes de Galicia. Na sala principal hai unha grande alfombra que ten no centro o escudo de Galicia e representa as sete antigas provincias. 
A continuación leváronnos ao hemiciclo: é unha sala semicircular onde se reúnen os parlamentarios. Na mesa de cada parlamentario hai un ordenador cun rato pequeno e un teclado de goma. Na mesa da presidencia séntase a presidenta do Parlamento e outros cargos importantes. Diante desta mesa está a tribuna do orador, que é onde fan os seus discursos os políticos.
Tamén hai unha biblioteca para os traballadores, e outras salas. Ao rematar a visita déronnos lapis de cores e un afialapis. Pareceunos moi interesantes a visita e aprendimos moito.

  No salón dos Reis.
     
  O Parlamento de Galicia.

O Mupega
A última visita foi ao Museo Pedagóxico de Galicia. Alí vimos cousas antigas dos colexios e o material co que se traballaba nelas, como: pizarríns, tinteiros de porcelana e de metal para as plumas, mesas antigas... Tamén vimos animais disecados que pertencían aos institutos; utensilios para os nenos pequenos: berces, leite en po, zocas, zapatos de coiro e de madeira; e amosáronnos a evolución dos xoguetes: noces que facían de barcos, patinetes de madeira e xogos electrónicos. Gustounos moito.

  Representación dunha antiga clase no MUPEGA.

 

5º B Texto Colectivo