O comedor municipal, na escola      
         
 

O comedor escolar do concello de Ames é unha realidade municipal dende hai dous anos, cando o concello asumíu a súa xestión. Ata ese momento foi levado con moito esforzo por unha comisión de nais e pais, dependente da ANPA. A moderna concepción do actual sistema de funcionamento fai deste servizo un verdadeiro apoio para as familias que necesitan conciliar a vida laboral e familiar.

O comedor do CEIP Bispo Guerra Campos réxese polo Regulamento da Rede Municipal de Comedores Escolares do Concello de Ames. Na actualidade este Regulamento está en fase de modificación: o novo texto foi aprobado polo pleno do 30 de maio de 2006, e está sometido a alegacións ata o vindeiro 12 de xullo (máis información na páxina web do Concello).

Está aberta a preinscripción para o curso próximo. Ofrecense un máximo de 200 prazas, e o servizo realizaríase en dúas quendas de 100 escolares cada unha. O baremo de selección, en base á documentación que o xustifique, terá en conta:

  • Situación de ocupación dos membros parentais.
  • Situación Familiar.
  • Situación económica.

O servizo de comedor escolar inclúe os seguintes servizos:

Servizo de comida, elaborada por persoal contratado polo Concello na cociña dispoñible no centro.

Servizo de Monitoras/es para o coidado e atención dos neno/as e para realizar actividades de lecer antes e despois das comidas, ata as 16:30.

Os menús son elaborados por técnicos competentes en materia de alimentación conforme a condicións dietéticas, sanitarias e hixiénicas adecuadas as esixencias dos usuarios. Os menús son repartidos semanalmente ós pais, e publicados na web do concello.

Tamén está dispoñible o servizo Bos días cole, destinado a atender ás familias que por motivos de traballo, deban deixar aos nenos antes do inicio do horario escolar.

As condicións do servizo pódense consultar na páxina web do Concello ou nas dependencias municipais.
 
Se elabora unha comida balanceada.
Productos naturais..
Gambas.
 
 

 

Normativa

     
 

Regulamento da Rede Municipal de Comedores Escolares do Concello de Ames. (actualmente suxeto a alegacións)

Regulamento Programa "Bos días Cole" .

     
 
     
 
Colexio de Educación Infantil e Primaria Bispo Guerra Campos