Arriba
Entroido 2005
Entroido 2004
Entroido 2003
No CEIP de Baños de Molgas celebramos o Entroido o venres anterior ás vacacións.
 
Ese día, pola mañá, aproveitamos para darlle os últimos retoques ó disfrace e despois de comer facemos unha saída polo centro do pobo de Baños de Molgas.
 

Felos e galo

Sempre van abrindo ó desfile dous Felos e un Galo.
 
O Galo é un personaxe típico deste centro que leva caramelos enganchados as súas plumas e que ó final do desfile é perseguido por tódolos alumnos do colexio ata deixalo sen ningún caramelo no traxe.
 
Os Felos son os representantes típicos do Entroido desta comarca. A  vestimenta que levan é moi parecida a do Peliqueiro, aínda que un pouco máis rústica. A máscara do Felo vai tallada en madeira; o taxe imprime virilidade ó que o leva posto. No Entroido son os amos, e intimidan á xente cun bastón.

O galo

A tradición di que só se poden vestir de Felos os homes solteiros. Antigamente os Felos dedicábanse a correr ós nenos e a levantar as saias ás mulleres, todo elo regado dun bo ponche feito con ovos, viño e sucre.

A súa orixe data da época medieval cando as xentes da Serra de San Mamede baixaban ó Castelo de Maceda para satirizar o señor feudal.
 
Durante o percorrido polo pobo os Felos e o Galo van repartindo caramelos entre todo o público.
 
Ó regreso ó colexio e como colofón do Entroido os nenos e nenas corren o  Galo tratando de arrancarlle tódolos caramelos que levan presos nas plumas.