Arriba
Entroido 2005
Entroido 2004
Entroido 2003
Este ano disfrazámonos de paiasos. O disfrace foi elaborado completamente no colexio polos alumnos, coa axuda dos profesores. Como sempre os máis pequenos foron os alumnos que maior colaboración necesitaron dos profesores.
Os profesores tamén se disfrazaron de paiasos. Como os disfraces tiñan moito colorido o desfile resultou espectacular.

Seguimos coa tradición de levar abrindo o desfile cos felos e co galo. Este ano o disfrace do galo quedou moi deteriorado, debido a que os cativos corrían como "demos" e o galo non daba escapado deles.

Foi unha xornada moi divertida para todos: pais, nais, profesores, alumnos/as, ...