Arriba
Entroido 2005
Entroido 2004
Entroido 2003
No ano 2003 disfrazámonos de pingüíns. O disfrace foi elaborado completamente no colexio polos alumnos, coa axuda dos profesores. Canto mais pequenos eran os alumnos maior foi a colaboración dos profesores.

Tamén invitamos a disfrazarse ós alumnos de Preescolar na Casa. En total viñeron 12 nenos máis, o que motivou a necesaria coordinación entre os mestres de E. Infantil, E. Primaria, Preescolar Na Casa e os pais destes alumnos. Para confeccionar os traxes viñeron ó centro os venres do mes de febreiro pola tarde. Esta experiencia é moi positiva porque os futuros  alumnos do colexio vanse integrando así nel.

Como tódolos anos saímos a desfilar polas rúas de Molgas. O galo e o felo ían abrindo o desfile e repartindo caramelos ó público.
Este ano tivemos un bo día para o desfile e os alumnos, pais e mestres disfrutamos dunha xornada chea de ledicia e algarabía.
 
Fotos