  |
| |
|
|
|
|
|
|
|




 |
O día 24 de xuño o pobo de
Baños de Molgas
organizou unha misa-cea en homenaxe a Dona Carmucha (Carmen Rodríguez
Dacosta), directora do CEIP deste concello, centro no que desenvolveu a
súa actividade docente nos últimos 25 anos.
|
|
A misa tivo lugar no
Santuario dos Milagres sendo celebrada polo sacerdote
Mercedario “Paco” coa compañía no altar dos
profesores (algún deles un tanto nervioso). A cea foi no restaurante "Los
Milagros" que está a carón do Santuario e rexentado por "Paco".
|
|
O pobo, coa súa presencia, quixo agradecer así a
dedicación e entrega que "Carmucha" tivera con eles ou cos seus
familiares (fillos, netos, ...).
|
|
|
Foi un día moi especial para a directora xa que estivo
arroupada polos seus alumnos, ex-alumnos,
profesores, ex-profesores, veciños, corporación municipal e sobre todo
pola súa nai. O motivo de ledicia foi dobre, porque
non se da con moita frecuencia que un pobo mostre o seu
agradecemento a un mestre.
|
|
Nesta nova etapa que lle toca vivir, toda a comunidade educativa do
colexio desexa que a disfrute o mellor
posible en compañía dos seus, pero tamén que non se
esqueza de nós e veña a visitarnos de vez en cando.
|