Moitas mans pequenas fan grandes cousas




A axenda faise entre todos e todas!

Dende hai uns cantos anos, no noso colexio estamos a levar adiante diversos proxectos e actuacións encamiñadas  á educación ambiental do noso alumnado.
prantación no día forestal mundial
Participamos en numerosos proxectos do concurso medio-ambiental Voz Natura referidos ao lixo, á xardineiría, á plantación de árbores.... Tamén participamos nun proxecto de compostaxe doméstica promovido polo Ministerio de Medio Ambiente e nas Semanas da Natureza do Concello do Barco. Houbo ademáis proxectos e iniciativas que desenvolvemos por nós mesmos, sen esperar a que ningunha institución convocará concursos o propuxera actividades.
Dende o curso 2006-07 desenvolvemos a nosa axenda ambiental para o século XXI, a nosa axenda 21 Escolar de Galicia, e neso aínda estamos a traballar hoxendía.

Open publication - Free publishing - More ambiente

Algúns exemplos

No desenvolvemento da Axenda durante o curso 2006-07 fixemos as seguintes cousas:
  1. Creamos o Comité Ambiental do Centro, con participación do profesorado, o alumnado, nais e pais e persoal non docente.
  2. Analisamos o noso consumo de papel e acordamos medidas para o seu aforro, que se concretaron en 8 puntos que todo o colexio asinou.
  3. Arranxamos un patio interior do colexio e comezamos a traballar para crear unha horta aromática
  4. Fixemos un safari fotográfico sobre as cousas e lugares que nos gustan ou non no noso centro, para elaborar un mapa emocional.
  5. Relanzamos a recollida selectiva de residuos, que estaba un pouco adormecida.
  6. Seguimos traballando coas patrullas verdes que non acababan de coallar nos cursos anteriores.
Durante o curso 2007-2008 centrámonos en afondar nas dinámicas xa comezadas no curso anterior e no aforro enerxético. Tamén tentamos mellorar o funcionamento do Comité ambiental, para facelo máis participativo e democrático.
Unha mostra do que é a participación no centro son as patrullas verdes. O seu funcionamento está moi ben explicado por estas alumnas no vídeo que tedes eiquí mesmo.

Podedes ver como é a nosa filosofía da axenda, e o funcionamento do comité ambiental nestas dúas presentacións.