Avaliación da Axenda 21
Neste curso queremos saber as vosas opinións sobre as actividades que estamos a levar adiante dende a Axenda no colexio, como valorades os cambios realizados e as novas propostas que fixemos.Coas vosas respostas seguro que imos mellorar de cara ao ano que vén.
A nosa Paisaxe en V Televisión
Neste programa de V Televisión "Van de verde" fan unha reportaxe sobre as xornadas de paisaxe que se realizaron no noso colexio por mediación da Axenda 21 e o comité ambiental do centro, e no que participaron distintos centros de Galicia implicados na conservación do medio ambiente.Aínda que o programa enteiro é de moito interese, se queredes ver concretamente a reportaxe do colexio podedes ir ao minuto 9:30 que é cando comeza.
Avaliación dos Piñeiros
Como todos sabedes dende hai un tempiño estamos a fedellar cos piñeiros verdes e vermellos en distintos lugares do colexio, especialmente no comedor, coa intención de controlarmos o ambiente ruidoso que se detectara.
Agora é o momento de avaliarmos se esta medida está dando resultados, e se podemos facer algo para mellorar a súa eficacia. Para iso vos pedimos que cubrades esta enquisa que vos presentamos aquí.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Actividades do ano 2012
Neste curso 2011-2012 realizamos unha serie de actividades
para a posta en marcha da nosa Axenda 21 Escolar, e queremos
darlle visibilidade para que todos poidamos ver como, ao
través de pequenas accións podemos, aos poucos,
cambiar o mundo.Ideas para unha biblioteca silenciosa
@s alumn@s membros do Comité Ambiental do colexio reuníronse para transmitir as ideas que recolleron para termos unha biblioteca máis silenciosa, que é o obxectivo que nos marcamos neste curso 2010-2011. As principais ideas que se aportaron foron:

- Traballamos na concienciación do dano que fai o ruído. O ruído é contaminación. Procuramos información nas aulas e faremos murais para concienciar aos usuarios.
- Comunicarnos na biblioteca escribindo, e non falando. Así melloramos o silenzo e tamén melloramos a nosa caligrafía.
- Apuntar nunha libreta aos que se porten ben e aos que se porten mal.
- Realizar un concurso do día menos ruidoso.
- @s encargad@s da Biblioteca deberían ocuparse tamén do ruído.
- @s gardiáns do silenzo. Serían encargados levando unha testemuña ata que descubrisen a alguén facendo ruído; nese intre daríanlle a testemuña ao ruidoso que quedaría como encargado do silenzo.
- A biblioteca é para ler, estudar ou facer xogos de mesa... os que non estean facendo algo disto terán que ir ao patio.
- Colocar o semáforo do ruído na Biblioteca.
- Colocar un "Porteiro de Discoteca" na porta da biblioteca que non deixe entrar aos que veñan montando ruído.
- Agruparse por deberes, xogos, lecturas nos distintos espazos da biblioteca.
- Maior presenza de profes para controlar a actitude dos que están na biblioteca.
- Levar unha estatística dos que se portan ben e/ou mal na Biblioteca
Proxectos para o novo século!
Veleiquí podedes ver o noso album de fotografías no que se reflicten as distintas actividades nas que andamos fedellando dende hai uns cantos aniños.
Presentámolas clasificadas por temas:
Cartaces da Axenda 21
O horto aromático
Pintando Macetas
Reciclaxe , parasoles ecolóxicos (macetas nas ventás para evitar que nos dea o sol) e prantacións nas aulas.
Murais realizados pol@s alumn@s do colexio sobre temas ambientais.
Álbum de fotos da xuntanza de centros participantes na Axenda 21 Escolar de Galicia no Barco de Valdeorras.
-
Páxinas
-





