1

Apalpando a barriguiña

Polas noites frías do Nadal, nas montañas do Courel e de Trives,  anda un home de oficio carboeiro, cunha saquetiña chea de castañas para lle dar aos nenos e nenas.
Ao Apalpador ou pandingueiro, gústalle saber se os nenos comen ben, e por iso, antes de lle dar as castañas de agasallo que leva no seu morral, apálpalles a barriguiña a ver se esta ben gordiña.
Pero podemos aprender moitas cousas deste home das nosas montañas, e para iso... só tedes que facer esta  procura de información, visitar  os lugares de internet que vos recomendamos e sacar a información necesaria para contestar ás preguntas que vos poñemos na páxina de tarefas.