2

E agora que facemos?

O Apalpador non é o único personaxe que habita nos montes e baixa aos pobos e ás vilas no Nadal... noutras partes do mundo, fóra de Galicia, hai outros personaxes semellantes que debemos coñecer.
Queremos que lle fagades un carné de identidade a cada un destes personaxes: o Tió de Nadal, o Olentzero, o Esteru, Sinterklass, Ded Moroz, Joulupukki, Stekkjastaur, a bruxa Befana e, como non ao noso benquerido Apalpador.

O carné de identidade destes personaxes terá que levar:
  • un debuxo feito por vós
  • o seu nome
  • o seu lugar de procedencia
  • o seu oficio
  • os regalos que fai
Primeiro terás que imprimir os carnés, e logo cubrilos. Para imprimilos preme no carné que colocamos aquí abaixo e se abrirá un documento en pdf que podes imprimir facilmente.

Carné

Logo imprime tamén este mapa, premendo nel e imprimindo o documento que se abra, e sitúa no seu fogar a cada un dos personaxes seguintes:
  1. O apalpador
  2. Olentzero
  3. Tió de Nadal
  4. Esteru

mapa