Os bombeiros
Entre
as saídas educativas que imos facer este curso para
coñecer a nosa comarca está a visita ao parque dos
bombeiros da Rúa.
Os bombeiros son persoas que se adican a protexernos do lume, que nos axudan cando se asolagan os sotos, que rescatan aos accidentados, que interveñen cando hai escapes de materiais perigosos...
Os bombeiros teñen que estar perfectamente preparados para facer fronte a todas estas situacións, e nós, tamén teremos que estar preparados, polo que imos investigar un pouco sobre eles e o seu traballo na internet coa axuda dos profes e das nosas familias.
Pasade á páxina de tarefas e vexamos que é o que temos que investigar.