Os bombeiros
Hai
demasiadas cousas que aprender sobre os bombeiros, así que imos
elixir unhas cantas, as máis importantes, para que cando
cheguemos ao Cuartel dos Bombeiros xa saibamos un pouquiño.
Deberiamos saber por exemplo:
- Que traballos fan os bombeiros
- Como son os camións dos bombeiros
- Que roupa teñen que usar os bombeiros.
- Que número de teléfono hai que marcar para avisar aos bombeiros
Faremos un mural coa roupa dos bombeiros sacado dos recortables que tedes enlazados na páxina de documentación.
Tamén faremos no mesmo mural que apareza o número de teléfono das emerxencias.
Na páxina de documentación tedes enlaces para poder contestar a estas tres preguntas. Tamén hai un enlace para que nos baixemos un recortable dunha bombeira coa roupa que usa, e podamos vestila para ir a apagar un incendio.
Tamén sería interesante que para rematar o teu traballo fixeses este LIM sobre os Bombeiros e así comprobar canto sabes do tema