REA modificado: Chintófonos
Menudas Familias
Os instrumentos musicais, igual que a xente, pertencen a familias. Igual que os irmáns normalmente teñen parecidos entre eles, entre os instrumentos das distintas familias tamén hai parecidos.
O parecido máis grande é por compartir un elemento que os fai soar, e así temos tres grandes familias:
- Os instrumentos da familia do vento, que producen o son ao facer vibrar o aire que hai nun tubo sonoro, coma a frauta.
- Os instrumentos da familia da corda, que soan ao vibraren as cordas tensadas que teñen na súa estrutura coma o violín.
- Os instrumentos da familia da percusión, que soan ao vibrar cando os golpeamos coma o tambor.
Pero dentro de cada familia volve a haber divisións, como podes ver neste cadro:

Que lío de familia!!
- Presta atención ó esquema do apartado anterior.
- Lee o parágrafo seguinte e escribe as palabras que faltan nos espazos baleiros.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0