A webquest dos contos tradicionais
Como nos gustan os contos!!!
Encántanos ler os contos tradicionais, velos en monicreques, que nolos conten antes de nos meter no mundo dos soños, quentiños na cama...
Por iso temos que ter unha especial gratitude ás persoas que crearon este mundo máxico dos contos tradicionais, xente como Hans Cristian Andersen, coma os irmáns Grimm ou Perrault, que souberon encher de imaxinación, de sentimentos profundos, os seus escritos.
Antes de entrar en materia e investigar a vida destes escritores tan marabillosos, tan de conto, e coñecer parte da súa obra, imos ver unha moi interesante versión animada de Virginia Curiá e Tomás Conde, coa que obtiveron varios premios nos festivais de Rec09 e Pata Negra.