Que temos que facer?

 
Imos investigar sobre a biografía dos autores destes contos marabillosos que a todos e todas nos acompañaron na camiña, antes de durmir...
...Porque a quen non o durmiron contándolle a historia de amor e valor do Soldadiño de Chumbo, ou da intelixencia de Polegarciño, o valor de Hansel e Gretel, o soño da Bela Adormecida ou a historia da pobre e incauta Carapuchiña?
Cando teñamos investigado sobre estes autores faremos unha ficha por cada un deles na que poñeremos:
  1. Nome do autor(es)
  2. Lugar e data de nacemento
  3. Datos importantes da súa vida
  4. Obras que escribiu
  5. Lugar e data da súa morte
Para escribir estes datos deberemos consultar varias fontes documentais das que se ofrecen na páxina de recursos.
A seguir teredes que indicar a que feitos, relacionados coa vida e obra dos nosos autores, corresponden as datas marcadas na seguinte liña do tempo:

liña do tempo

Despois de facer as fichas e completar a liña do tempo, e entregalas ao profesor, faremos a actividade LIM sobre os autores na páxina de avaliación para comprobar canto aprendimos sobre a vida e a obra destes autores; Andersen, os irmáns Grimm e Perrault.