A ENERXÍA

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa

Investiguemos que é iso da enerxía!

A enerxía é unha magnitude física que mide a capacidade dun corpo para producir cambios.

En física, a enerxía é todo aquilo que pode transformarse en calor, movemento ou radiación electromagnética. Isto pode ocorrer de xeito natural ou grazas a unha máquina ou tamén a un organismo.

O ser humano, dende os seus primeiros pasos na Terra e ao longo da historia, sempre buscou formas de usar a enerxía para obter unha mellor calidade de vida. Para este propósito, utilizou diversas formas de enerxía: lume (enerxía química), as velas dos barcos ou os muíños de vento (enerxía eólica), rodas hidráulicas como nos muíños de auga ou turbinas como nos encoros (enerxía hidráulica), queimando carbón e petróleo (enerxía química), ou rompendo núcleos de átomos (enerxía nuclear), etc.

O concepto de enerxía está relacionado coa capacidade de xerar movemento ou lograr a transformación de algo.

Nunha palabra, a enerxía é a capacidade de facer funcionar unha cousa.

A enerxía é esencial para a nosa vida xa que é responsable de todos os cambios que se producen ao noso arredor.

Infografías

Aquí podedes ver un pequeno esquema sobre a enerxía (tipos de enerxía e as distintas fontes)tomado de laeduteca

Image

Vídeos educativos

Tamén podes acceder a estes videos de Youtube e aprender moito máis sobre a enerxía.

Vídeo sobre a enerxía

Páxinas web

A enerxía na Wikipedia

Descubre a enerxía

Información sobre enerxía en Ganaenergia

Distintos tipos de enerxía en Concepto.de

Referencias bibliográficas

Goldsmith, M. (2015) Conceptos científicos en 30 segundos. Blume: Barcelona

García, A. (2014) Mi primer atlas científico. Science for you: Madrid

Bailey, G. (2008) Energía. Everest: León

Magloff, L (2007) Calor y energía. Everest: León

Satchwell, J. (1982) Como funciona la energía. Everest: León

Taylor, B. (1997) Aire, Auga, Calor e Enerxía. Xerais: Vigo

González Bayón, E. (1997) Con toda energía. Ediciones Gaviota: Madrid

Serrano, L. (2020) ¿Cómo es tu energía? Anaya: Madrid

Leiro Lois, A. (2002) A enerxía. A Nosa Terra: Vigo