A ENERXÍA

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa

O noso proxecto para un planeta mellor para tod@s

Neste curso 2022-2023 imos traballar o tema da enerxía.

Como sabedes tod@s, o conflito bélico en Ucraína, o corte do gas ruso, a subida do prezo do petróleo, a crise ambiental do cambio climático... son elementos que aconsellan que estudemos profundamente a enerxía

Debemos saber antes que nada que é iso da enerxía, para que serve, de onde a extraemos, que consecuencias ambientais ten o seu consumo...

Logo non estaría nada mal que nos prantexaramos de que xeito se pode producir enerxía sen costes mediambientais, enerxía que proveña de fontes renovables, isto é que non se esgoten, enerxía barata para que tod@s nos poidamos beneficiar dela

Por último tamén sería de grande axuda que aprendesemos que sexa cal sexa a orixe e a calidade da enerxía que teñamos, a mellor enerxía é a que non consumimos. Velaí que teñamos que aprender como aforrar enerxía como un dos eixos do noso traballo

Ao longo das páxinas desta web atoparemos enlaces a outras webs, e referencias a documentos físicos que poderemos empregar para pescudar as informacións que necesitemos para realizar o traballo.

Os resultados das nosas pescudas os iremos subindo á nosa Wiki