Biografía:
Para coñecerdes a biografía de Mozart xa lestes o libro
"Me llamo Mozart" de Maritxell Martí, editado por editorial
Parramón, pero, seguro que agradeceredes unha pequena axuda
dende a web para contestar ás seguintes preguntas:
1º.- Quen foi o primeiro amor de Mozart?
2º.- A que músico coñeceu en Londres?
3º.- Que obra estaba a compoñer cando morreu?
4º.- En que cidade naceu?
Para recollerdes información podedes consultar:
http://www.mozart.cat/cast/biografia.htm
Tamén sería moi interesante elaborar unha liña do tempo sobre a vida de Mozart, para o que podes recoller os datos na seguinte páxina:cronoloxía de Mozart
