Inicio:
Mozart foi un dos máis grandes xenios musicais da historia da música occidental, e iso que morreu cando a penas tiña 36 anos.
As súas composicións, malia vivir nunha época de moita rixidez estilística, demostran ben ás claras o seu esprito creativo.
Imos investigar un pouco sobre a vida e obra de Mozart, e
centrarémonos un pouco nunha obra moi especial: A frauta
máxica, unha
marabillosa ópera que contén pezas dunha
fermosura tremenda.
Polo de pronto, e para que vexades que non minto, escoitade a aria da Raíña da Noite:
E como non vai ser todo oir música lede este poemiña de Carmen Gil sobre a vida de Mozart.
Logo xa estaremos dispostos para navegar polas distintas páxinas e irmos facendo as tarefas que se manden nelas coa axuda das páxinas web das ligazóns.
Grazas a este traballo remataremos sabendo moito máis do noso querido músico, Wolfgang Gotlieb Mozart.
