Normas para a realización do traballo
Este ano contamos xa con algunha
experiencia nisto de facermos proxectos documentais, así que teremos
que evitar algúns dos erros que cometemos o ano pasado cando
investigabamos sobre a historia de Valdeorras.
O primeiro que temos que facer é saber que o proxecto de investigación é un traballo dos nenos e nenas, e non do profesorado... O mestre ou mestra ten que coordinar o traballo, animar á súa realización pero non é función súa realizar a investigación.
O alumnado poderá investigar na casa e no colexio, con axuda dos seus pais e do profesorado, e traerá os resultados da investigación á aula. Non se poderán imprimir as páxinas web, nen fotocopiar os libros. Haberá que facer resumos dos documentos que atopemos nas fichas de procura, citando a fonte da que foron recollidos.
Na páxina de enlaces tedes enlaces a recursos web, e na de libros referencias bibliográficas, de documentos dos que se pode extraer información para o traballo. Dende logo que non son os únicos lugares dos que podemos sacar datos de interese, pero poden servir para comezar con bo pé.
Na clase se seleccionarán os resumos e se poderá ampliar a información recollida se fose necesario.
O traballo final terá que ter unha estrutura básica:
Con isto estamos seguros que imos facer un traballo moi interesante e do que imos aprender moitísimo.

- Portada (na que figurará o título e autoría)
- Indice (no que se reflectirá a estrutura do noso traballo)
- Desenvolvemento do tema
- Bibliografía e fontes Web