Érase unha vez...

  • ...unha clase que comezou a preguntarse cousas ao redor do Universo, do Sol e dos planetas que xiramos ao seu redor, da nosa compañeira a Lúa, deses misteriosos debuxos que fan as estrelas no ceo, da aventura de adentrarmos no espazo pilotando foguetes, de pisar outros planetas...

  • E cando un comeza a facerse preguntas o único que pode facer é procurar o xeito de contestalas.

    De isto vai esta páxina web, de como unhas nenas e uns nenos poñen os medios para descubrir aquilo que queren coñecer.

    Así que: 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3, 2, 1 e despegamos!!!!