proceso VALDEORRAS, TERRA DE VIÑOS

Para realizar esta actividade teremos que dividirnos en grupos de 2 ou 3 nen@s e elexir un dos temas en que imos traballar.
Despois debemos empezar a recoller información de alomenos tres fontes diferentes. Tomaremos notas cos datos que nos parezan importantes e eliminaremos as informacións repetidas ou que carezan de interese.
O seguinte paso será "darlle forma"; para elo teremos en conta os elementos imprescindibles dun traballo:
  1. Portada: co título e autores.
  2. Índice: indicando as partes na que se estructura o proxecto. Cando esté o índice elaborado debedes consultalo co profesor/a para que dea o seu parecer.
  3. Desenvolvemento de cada unha das partes: Primeiro farás un borrador a man e unha vez correxido xa poderás pasalo ao ordenador.
  4. Glosario: co significado das palabras relacionadas co tema.
  5. Apéndice: coa bibliografía e fontes utilizadas.
  6. Para rematar, elaboraremos un panel no que se exporá dun xeito resumido e con imaxes o que temos aprendido. Con tódolos carteis farase unha exposición para explicar os temas.
NOTA IMPORTANTE: Nos traballos coidaremos a presentación, deixando marxes a dereita-esquerda, arriba - abaixo. Usa letra clara sen borróns nin faltas de ortografía.


TEMAS

  1. A vide: orixe e cultivo.
  2. O viño: elaboración artesanal e actual.
  3. A economía do viño.
  4. Denominacións de orixe galegas.
  5. Viño e saúde.
  6. Glosario.