recursos e documentación

Unha vez que cada grupo escolle o seu tema é o momento de indicarvos os lugares onde podedes atopar a información para a procura documental.
Podedes consultar dúas fontes importantes:
  1. A nosa biblioteca.
  2. Os recursos web que vos aportamos.

1.A vide:orixe e cultivo.

A vide é unha planta trepadora da familia das vitáceas, con tronco retorto,follas partidas en cinco lóbulos puntiagudos, flores verdosas en racimo, e cuxo froito é a uva.O conxunto de vides cultivadas denomínaselle viñedo.
Orixinaria de Asia cultívase en tódalas rexións temperadas.

Pero para saber máis consultade nas seguintes páxinas:

Na nosa biblioteca:
Leiro Lois, Adela«ZZ0097228»
A vide e o viño // por Adela Leiro Lois, Mon Daporta Padín,
hernando martínez Chantada, Manuel Núñez Pérez, Xoán A.
Maceira Vidal. --Vigo :Promocións Culturais Galegas, 2003.
--63 p. : : fot.; ; 23 cm. -- (Enciclopedia Temática
Ilustrada; 2) A Nosa Terra
DL VG 193-2003. -- ISBN 84-89976-86-4
1. Agricultura
63

2.o viño: elaboración tradicional e actual.


A elaboración do viño foi  sofrindo cambios ao longo da historia: aínda que en esencia o proceso séguese mantendo, os cambios introducidos cos novos materiais e as novas tectoloxías fixeron que as antigas adegas se foran adaptando, aos poucos, para acadar un producto de calidade recoñecida internacionalmente.
Para saber sobre este tema debedes consultar aquí:
Na nosa biblioteca:
Sabaté, Teresa
O viño // Teresa Sabaté ; Carme Solà. --A Coruña :Baía, 2005
. --31 p. : : il. col.; ; 21 cm. -- (Queremos saber; 7)
DL B 39548-2005. -- ISBN 84-96526-16-X
869.9-3
087 

  Lorenzo Fernández, Xaquín, 1907-1989

A terra. --Vigo :Galaxia, 1982. --335 p., 2 h. : il.; 18 cm.
-- (Biblioteca Básica de Cultura Galega; 12)
DL VG 283-1982. -- ISBN 84-7154-407-5
394

3.Denominacións de orixe galegas.


CASORIO

Casou don Godello
con dona Menci
a
e van pór a casa
polo “val das viñas”.

Daquela xuntanza,
foron de padriños
a rica Viuda
e o rico Caíño.

Houbo baile e foi
a millor parexa
mozo merenzáo
i a Mociña Fresca.


A nena Garnacha
Púxose bermella,
Porque, o Brencelláo,
Fíxolle unha festa.

Con esa nena tola
Que din Viciveira,
“Jerez”, o andalús,
foi de brincadeira.

I a nai da rapaza
-a María Ordoña_,
polo viñaredo
andaba chorosa.

Florencio Delgado Gurriarán


Para máis información consulta  estas páxinas:

Na nosa biblioteca:
Sin Autor
Gran enciclopedia galega. --Lugo :El Progreso-Diario de
Pontevedra, 2003. --30 V. : : il.; ; 28 cm. -- (Gran
enciclopedia galega)
ISBN 84-87804-03-9

4.Viño e saúde.


VIÑO TINTO E BOA SAÚDE.

A preocupación por  unha alimentación máis sá e un estilo de vida máis saúdable, é tamén preocupación pola cultura do viño.
Hoxe sabemos que o tanino dos viños tintos -cando se practica un consumo moderado- axuda a manter máis limpas as arterias e contribúe a evitar enfermidades cardiovasculares.

Onde investigar?
Na nosa biblioteca:
Gran enciclopedia Larousse. --3a ed., 6a reimp.. --Barcelona
:Planeta, 1975. --10 v+3 supl. : il
ISBN 84-320-2030-3
1. Enciclopedia
030

 

5.Glosario