|
O aparato circulatorio |
|
|
O noso organismo, que está composto por millóns de células, precisa para o seu normal funcionamento osíxeno e substancias xeradoras de enerxía.Estes elementos vitais atópanse no sangue e no aparello circulatorio que é o encargado de realizar a súa distribución por todo o organismo. O aparello circulatorio é un sistema de bombeo continuo en circuito pechado, formado por un motor, que é o corazón; os conductos ou vasos sanguíneos , que son as arterias, veas e capilares ; e o fluído que transita por eles, o sangue. |
|
|
Por este sistema transitan todos os nutrientes que necesitamos para a vida. Pero a súa función non se limita só ó transporte; tamén nos protexe e mantén a temperatura exacta. |
|