Deporte escolar
Dende o curso 91/92 o noso colexio ven participando na Campaña de Actividade Deportiva en Idade Escolar.
O obxectivo de comezar nesta campaña é que asistan o maior número de nenos/as e que a participación en equipo facilite a socialización e a convivencia deles/as e cos nenos/as doutros centros, e sirva non só para desenvolver valores deportivos e físicos senón de educación, de compañeirismo, de xogo limpo e da formación da súa personalidade.
Participamos no Deporte Escolar na zona denominada “San Rosendo” na que participan ademais de nós ,“CEIP Curros Enríquez de Celanova”, os seguintes centros: CEIP de Toén, CEIP “Filomena Dato” da Valenzá, CEIP de Bande, CEIP da Merca, CEIP de Muíños, CEIP de Entrimo, CEIP de Lobios, CEIP de Ramirás, CEIP de Gomesende, CEIP de Padrenda e Colexio Sagrado Corazón de Celanova.
Os deportes nos que participamos nesta zona son: campo a través, fútbol-sala e bádminton.
As categorías nas que compite o colexio son as de benxamín (8, 9 e 10 anos) e alevín (11 e 12 anos).
Neste curso 05/06 en:
- Campo a través: participamos con 95 nenos/as na fase comarcal, clasificándose todos os equipos para o Campionato Provincial.
- Fútbol-sala: tanto na categoría de benxamín como de alevín obtiveron o segundo posto no seu grupo.
- Bádminton: disputada a fase coarcal e logo a zonal, clasificáronse 10 xogadores/as para o Campionato Provincial.
Neste Campionato Provincial obtiveron os seguintes resultados:
- Benxamín feminino
- Campioa provincial: Sandra Bugallo

- Benxamín masculino
- Subcampión provincial: Adrián Miguélez
- Campión provincial benxamín por equipos: CEIP “Curros Enríquez.

- Alevín feminino
- Campioa provincial: Mónica Álvarez
- Subcampiona provincial: Sandra Bento

- Alevín masculino
- Subcampión provincial: Leunam Manuel Rodríguez
- Terceiro posto: Francisco Javier Riestra
- Campión provincial alevín por equipos: CEIP “Curros Enríquez”

Estes 4 nenos/as (Mónica, Sandra, Leunam e Francisco Javier) clasificáronse para o Campionato Galego que se disputará nas Neves-Pontevedra os días 13 e 14 maio.
|