Voz Natura
A nosa andadeira no proxecto Voz Natura comezou hai nove anos, no 1997.
Pretendemos manter activa a conciencia ecolóxica mediante un desenvolvemento dun proxecto de recuperación medioambiental no entorno do centro.
É bo ter un obxectivo final, pero ao final, o que importa é a actividade do día a día.
O noso segredo: “Fai todo o necesario para conseguir o que desexes e acabarás conseguíndoo”.
A nosa meta: traballar e coidar a natureza, integrar estas actividades na nosa vida, e gozar con elas.
O noso comportamento: estar en relación directa co noso contorno fainos satisfacer as nosas propias necesidades.
O noso éxito: non depende de facer as cousas perfectas no momento xusto, senón de ser perseverantes.
O noso impulso diario: gozar co proceso de traballar en pos do que queremos conseguir.
|