PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS

EN INFANTIL E PRIMARIA E SECUNDARIA

Criterios de admisión. Baremo.

Proximidades do domicilio.

Puntos

a) Domicilio familiar na zona de influencia do centro solicitado.

5

b) Domicilio familiar en zonas limítrofes á do centro solicitado.

2

c) Domicilio familiar no mesmo concello que o do centro solicitado.

1

d) Alumnos que non estean nalgunha das circunstancias anteriores.

0

XUSTIFICANTE: certificado de empadroamento, expedido polo concello.

Renda anual da unidade familiar.

Puntos

a) Rendas iguais ou inferiores ó dobre do salario mínimo interprofesional.

2

b) Rendas superiores ó dobre do salario mínimo interprofesional que non excedan o cuádruplo do salario mínimo interprofesional.

1

c) Rendas superiores ó cuádruplo do salario mínimo interprofesional.

0

XUSTIFICANTE: fotocopia compulsada da declaración da renda. Se os pais do solicitante fan a declaración por separado, presentarase fotocopia compulsada de ámbalas dúas.

Criterios de aplicación:

Puntos

1º De non presentarse a declaración da renda, outorgaranse cero puntos por este epígrafe.

0

2º Se unicamente se presenta o certificado da Axencia Tributaria de non ter feito a declaración da renda, outorgarase un punto por este epígrafe.

1

3º Para obter, se é o caso, os dous puntos previstos na línea a) é necesario acreditar documentalmente que a renda familiar é inferior ó dobre do salario mínimo interprofesional.

2

Existencia de irmáns matriculados no centro.

Puntos

a) Primeiro irmán no centro.

3

b) Por cada un dos irmáns seguintes.

1

XUSTIFICANTE: comprobación por parte do centro.

Outros criterios.

Puntos

a) Pola condición de familia numerosa.

1

XUSTIFICANTE: fotocopia compulsada do título de familia numerosa.

b) Pola condición de minusválido.

1

XUSTIFICANTE: certificado médico.

Criterios para resolve-los casos de empate na puntuación outorgada.

a) Maior puntuación obtida no epígrafe de proximidade domiciliaria.

b) Maior puntuación obtida no epígrafe de irmáns matriculados no centro.

c) A condición de minusvalidez.

d) A condición de familia numerosa.

e) Maior puntuación obtida no epígrafe de renda anual da unidade familiar.

f) O sorteo público ante o consello escolar do centro.

Volver a Infantil e Primaria              Volver a Secundaria