CEIP DE CEDEIRA 

(REDONDELA)

Principal Datos do Colexio Actividades Experiencias Investigación Creacións Comenius O contorno Novas

AS BIBLIOTECAS DO COLEXIO

Para que o alumnado descubra o mundo a través da lectura e teña curiosidade por aprender, desenvolva a súa capacidade crítica e a súa autonomía, contamos con bibliotecas en cada aula e unha biblioteca xeral.

    Cada ano ampliamo-los seus fondos coas novidades de maior interese.

   Editamos o boletín informativo “O ratiño das mil palabras” que inclúe novas, fai pensar e convirte ós nenos e nenas en detectives na procura de datos arredor dos libros.

                 

 

 

 

 

 

 Durante o curso organízanse exposicións de libros por temas, damos a coñece-las publicacións periódicas ás que estamos subscritos (revistas e cómics) e conmemoramo-lo Día do Libro con actividades na biblioteca xeral e nas aulas.

   A través de cuestionarios coñecemo-los gustos e preferencias do alumnado.

   Poñemos ós nenos e nenas en contacto directo con escritores e ilustradores cos que organizamos sesións de animación á lectura.Animación á lectura

   Kiko Dasilva debuxando a Martiño  Con todas estas actividades buscamos que o alumnado fale, lea e se exprese correcta e creativamente, e que a lectura sexa un referente importante no seu tempo de lecer.

 

 Neste curso conmemoramos o IV Centenario da publicación de "El Quijote" con actividades na aula e na bilbioteca, murais, proxeccións, lecturas colectivas e exposicións, ademais dun gran debuxo de Don Quijote. Tamén prestamos atención aos libros de Julio Verne, Andersen e ao "Merlín e familia", do escritor galego Álvaro Cunqueiro.