CEIP DE CEDEIRA 

(REDONDELA)

Principal Datos do Colexio Actividades Experiencias Investigación Creacións Comenius O contorno Novas

COMENIUS

Neste curso iniciamos un novo Proxecto Comenius xunto cos escolas de Pais de Gales (Gran Bretaña) e Malta. O título do mesmo é "Así son eu, e, ¿como es ti?" (“THIS IS ME... AND WHAT ABOUT YOU?” ).

AS ESCOLAS ASOCIADAS  SON

BEDWAS JUNIOR SCHOOL - PAIS DE GALES (REINO UNIDO)

THERESA NUZZO SCHOOL - MALTA

CEIP DE CEDEIRA - GALICIA (ESPAÑA)

 

ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO CURSO 2004-2005

PRESENTACIÓNS DOS COLEXIOS

 

 

 

 

 

CEDEIRA

 

 

 

 

 

MALTA

 

 

 

 

 

GALES

WEB SOBRE MÚSICA TRADICIONAL

ALFABETO, NUMERACIÓN E EXPRESIÓNS MÁIS COMÚNS NOS TRES IDIOMAS

TRABALLOS SOBRE O ENTROIDO E XOGOS POPULARES 

 INTERCAMBIO DE CORRESPONDENCIA ESCOLAR DENDE 3º A 6º

NO MES DE DECEMBRO VISITAMOS A ESCOLA DE PAÍS DE GALES

POLAS LETRAS GALEGAS RECIBIMOS ÁS COMPAÑEIRAS EUROPEAS

NO MES DE XUÑO COÑECIMOS O COLEXIO DE MALTA

     

¿COMO SON AS ESCOLAS DE MALTA E REINO UNIDO?

    A través do Proxecto Comenius coñecemos as escolas doutros países e imos coñecendo un pouco máis aos nosos compañeiros e compañeiras europeos. Veremos só algúns aspectos nos que podemos atopar máis diferencias. 

 

HORARIO

 

“Bedwas Junior School”

     País de Gales

“Theresa Nuzzo Shool”

          Malta

DO ALUMNADO

De 8:40 a 15:10.

Teñen un recreo de 15 minutos e fan o xantar no cole das 12:00 ás 13:00 horas.

De 8:00 a 13:20

O recreo é de 10:30 ás 11:00

DO PROFESORADO

De 8:30 a 15:25.

O profesorado xanta no Centro

De 7:50 a 13:20

 

ASIGNATURAS

En Educación Primaria tanto o alumnado das escolas anteriores coma os nosos alumnos/as ten as mesmas materias de estudio, incluso a área específica de Maltés, Galés e Galego das respectivas escolas.

Hai unha asignatura que no sistema español non existe e que sí teñen os outros alumnos é a chamada Desenvolvemento Social e Persoal.

 

CALENDARIO ESCOLAR

“Bedwas Junior School”

     País de Gales

“Theresa Nuzzo Shool”

          Malta

·        Da 2ª semana de setembro ao 15 de outubro. 1 semana de vacacións.

·        Do 22 de outubro ao 20 decembro. Logo,  2 semanas de vacacións.

·        Do 3 de xaneiro ao 20 de febreiro. 1 semana de vacacións.

·        Do 1 ao 25 de marzo. 2 semanas de vacacións.

·        Do 8 de abril ao 28 de maio. 1 semana de vacacións.

·        Do 1 de xuño ao 21 de xullo. 6 semanas de vacacións de verán.

Ao remate de cada periodo realizan unha Avaliación en Matemáticas, Lingua Inglesa e Ciencias.

As clases comenzan o 23 de setembro e rematan a finais de xuño.

O curso distribúese en tres trimestres e teñen tres avaliacións.

O periodo de vacacións coincide co noso: Nadal, Entroido e Semana Santa.

 

 

ANTERIORES PROXECTOS COMENIUS

O Proxecto Comenius que levamos a cabo dende o curso 2001-2002 ata o curso 2003-2004 tivo como finalidade desenvolver unha dimensión europea entre as escolas participantes ( Cerdeña-Italia,  Chipre  e Galicia-España) a través dunha colaboración internacional.

O obxectivo principal é que o alumnado coñeza ben o seu patrimonio cultural (as tradicións do seu contorno, os costumes,...) así como as dos demais paises cos que participa, valorando as diferencias entre o pasado, presente e futuro, valorando as diferenzas entre o pasado, presente e futuro, observando similitudes e diferenzas na celebración das tradicións en cada país e en cada lugar, evitando prexuizos sobre o que é difernte ao propio.  

CURSO 2003-2004

Este curso comezamos facendo un percorrido pola historia da localidade, co obxectivo de fomentar entre o alumnado a valoración pola súa propia historia e o respecto cara outras culturas e costumes.

A través dos libros de texto, guías, enciclopedias, internet e cuestionarios, realizamos unha primeira recollida de información. Posteriormente traballouse nas aulas, fixéronse murais e debuxos, completando  con visitas a dous dos monumentos máis característicos:                         

a Igrexa Parroquial e o Pazo de Torrecedeira.

 

 

 

Como unha parte integrante da Historia con maiúsculas, está a outra historia cotiá que se reflicte a través dos obxectos de uso doméstico e persoal, dos traballos agrícolas, do mar e dos oficios. Para elo, en colaboración coas familias, realizamos unha Exposición etnográfica na Biblioteca do colexio. O alumnado foi realizando traballos sobre a mesma e sobre un dos maiores estudiosos da etnografía galega: Xaquín Lorenzo, “Xocas”.

O profesorado de Educación Infantil elaborou dúas Unidades Didácticas, unha sobre a Igrexa Parroquial e outra sobre o Pazo de Torrecedeira, que foron traballadas co alumnado.

O alumnado de Terceiro Ciclo elaborou un guión sobre a Historia de Galicia e as orixes da lingua galega, que logo foi representado no mes de maio, no Festival das Letras Galegas.

 

CURSO 2002-2003

No curso 2002-2003 tivemos ocasión de participar nunha tradición agrícola desta zona A Vendima que observamos e estudiamos a través da experiencia vivida por todo o alumnado na celebración deste traballo na casa e nas viñas  dun alumno do Colexio.

Fai clic aquí para ve-lo noso traballo sobre A VENDIMA

Continuaremos co intercambio entre alumnos e profesores para coñecer mellor as nosas tradicións.

Co noso proxecto esperamos crear cidadáns libres e responsables cunha actitude aberta e democrática.

ENCONTRO CO PROFESORADO DAS ESCOLAS DE ITALIA E CHIPRE EN CEDEIRA (REDONDELA)

Para programar as actividades a desenvolver neste curso, na última semana de outubro acollemos no noso Colexio e na nosa comunidade ás profesoras das escolas de Cerdeña (Italia) e Chipre.

Magosto 2.002Participaron na celebración do magosto que  foi acompañado de de pandeiretas, gaita e acordeón para interpretar con cantigas tradicionais que falan desta festa e da castaña.

Traxes tradicionais de GaliciaObservaron  como é o noso traxe típico e unha nena foilles explicando o nome das pezas que o compoñen.

O equipo de radio da escola realizoulles unha entrevista en directo na que os rapaces/zas se interesaban por saber como eran as outras escolas, os alumnos e que fora o que máis lles sorprendera  da nosa terra.

Música galega para as nosas convidadasForon recibidas no Concello polo Conselleiro de Ensino que, moi amablemente, invitounos a realizar un interesante paseo pola vila (visita á exposición de carteis sobre a Batalla de Rande no Multiusos, viaductos... e casco antigo de Redondela) e obsequiándolles cuns libros sobre a vila.Na nosa radio escolar

OUTRAS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO CURSO 2002-2003

No mes de decembro intercambiamos receitas tradicionais de Nadal. Tamén continuamos co intercambio de correpondencia entre nenos e nenas dos tres colexios nos cursos do Segundo e Terceiro ciclos.

No mes de abril, dúas mestras do Colexio viaxaron a Olbia (Cerdeña) para prepara-la programación das actividades a desenvolver no curso 2.003-2.004, derradeiro deste Proxecto Comenius.

Continuamos co intercambio de material realizado nas tres escolas (videos, Cd, fotografías, traballos,...).

No mes de xuño fixemos unha Xornada de Xogos Tradicionais na que practicamos os nosos xunto cos que nos enviaron os outros centros.

 

CURSO 2001-2002

No curso 2001-2002 o alumnado do CEIP de Cedeira presentou ás demáis escolas participantes o Colexio, o contorno, Galicia e España por medio de grandes paneis confeccionados nas aulas con fotografías e debuxos nos que ían explicando o lugar onde vivimos. Cando chegou o Entroido os rapaces e rapazas escribíronse cartas, debuxos e fotos para contarse e intercambiar información sobre a celebración desta festa. Na revista do Colexio editouse unha separata que recolle o máis significativo dos distintos Centros.