CEIP DE
CEDEIRA
(REDONDELA) |
||||||||
| Principal | Datos do Colexio | Actividades | Experiencias | Investigación | Creacións | Comenius | O contorno | Novas |
Este mes propoñémosvos facer receitas propias do outono, como non, con castañas.
Ánimo e a experimentar...
|
Como facer unha deliciosa Tarta de castañas e chocolate |
1 quilo de castañas, 300 gramos de chocolate, 200 gramos de azucre, 200 gramos de manteiga, améndoas, avelás ou noces, fiuncho e loureiro.

Paso
1: Mondamos as castañas e cocémolas con fiuncho e loureiro.
Paso
2: Quitámoslle a pel interior e esmagámolas.
Paso
3: Botámoslle manteiga e azucre. Logo mesturamos todo.
Paso
4: Engadimos chocolate e améndoas.
Paso
5: Botamos todo no molde e metémolo no conxelador ata que se poña duro.
Paso
6: Poñémoslle enriba abelás, noces, nata,…
|
Puré de castañas |
Podemos
facelo de varios xeitos:
Cocemos
as castañas con sal. Logo sacamoslle a auga e pasámolas polo pasapuré. Botámoslle
leite e logo cocémolo uns minutos.
Outro
xeito é cocer as castañas mondadas con leite. Logo, xa sen auga, pasámolas
polo pasapuré, engadíndolles unha culleriña de manteiga, sal e unha culler de
azucre.
|
Crema de castañas |

Ingredientes:
medio cento de castañas, tres culleres de manteiga, media libra de azucre e
catro xemas de ovo.
Ásanse
as castañas e esmáganse. Engádense manteiga, azucre e as xemas de ovo. Ponse
ao lume tendo conta de que non se queime. Unha vez que ferveu uns minutos, cóase.
É para tomar fría.