CEIP DE CEDEIRA 

(REDONDELA)

Principal Datos do Colexio Actividades Experiencias Investigación Creacións Comenius O contorno Novas

A AUGA

Como estamos estudiando a auga na natureza, fixemos estes tres experimentos:

1. ALGÚNS MATERIAIS AFÚNDENSE E OUTROS FLOTAN

2. ALGUNHAS SUSTANCIAS MESTÚRANSE COA AUGA E OUTRAS NON

3. CONSTRUÍMOS UNHA DEPURADORA

 

1. ALGÚNS MATERIAIS AFÚNDENSE E OUTROS FLOTAN

                     

Seleccionamos materiais: un tapón de      Botámolos dentro dun cacharro        Observamos o que ocurriu.

cortiza, cravos de metal, madeira,          con auga

 plástico, cristal, algodón e papel.

 

   Anotamos os resultados no noso caderno de            experiencias:                               

     Flotaron: madeira, bote de plástico, cortiza, papel.         

     Afundiron: cravo, cristal, algodón.

 

 

 

 

2. ALGUNHAS SUSTANCIAS MESTÚRANSE COA AUGA E OUTRAS NON

               

Collemos aceite, area, sal, azucre e zume. Mesturámolos con auga. Anotamos os resultados:

O sal: disólvese. Non tingue a auga. 

 O azucre: disólvese. Non tingue a auga.

A area: Non se disolve. Mancha a auga.

O zume: mestúrase. Tingue a auga.

O acite: non se disolve nen se mezcla, non tinguiu a auga.

 

 

 

3. CONSTRUÍMOS UNHA DEPURADORA

A natureza danos auga limpa, pero as persoas, ó usala, contaminámola. Sen embargo, podemos volver  limpala coas depuradoras. Fixemos unha para ver como funcionan.

                                  

Necesitamos: Unha botella de plástico            Cortamos o cu da botella.             Despois poñemos a area, 

grande, algodón, area, grava e pedras.           Poñémoslle algodón no bico.          a grava e as pedras, nesa orde.

              

Ensuciamos auga con terra, restos                 Botamos a auga sucia na depuradora.

de tiza, virutas e outras cousas.                    Esperamos e... ¡ a auga sae limpa!

Así é como funcionan as depuradoras de verdade.