CEIP DE CEDEIRA 

(REDONDELA)

Principal Datos do Colexio Actividades Experiencias Investigación Creacións Comenius O contorno Novas

AULA DE INFORMÁTICA         

   A informática estase convertendo, día a día, nunha ferramenta imprescindible para desenvolverse no mundo actual. Por iso tentamos que a través das actividades desenvolvidas na Aula de Informática o noso alumnado tome contacto coas novas tecnoloxías dun xeito lúdico e formativo. Pretendemos que cando rematen a Educación Primaria sexan capaces de manexar con certa soltura o ordenador. Ademais os programas educativos utilizados nos distintos Ciclos permiten que os nenos e nenas aprendan xogando e que se reforzen a aprendizaxe das distintas materias do currículo.

 

O alumnado de Ed. Infantil de 3 anos iníciase na informática cos obxectivos de familiarizarse co  ordenador, controla-las técnicas básicas como o manexo do rato, e reforzar os contidos traballados na aula. Os nenos gozan co ordenador xa que é unha ferramenta moi atractiva; pensamos que esta idade é ideal para iniciarse no seu manexo.

O alumnado de Infantil de 3 anos traballou na propia aula co CD que inclúe o material da Editorial Xerais “Os trasnos máxicos” e, en ocasións, na aula de informática. Traballaron contidos relacionados co manexo do rato e o apoio a diferentes actividades gráficas.

O alumnado de Ed. Infantil de 4 e 5 anos acude tamén moi motivado á aula de informática, aprende axiña o funcionamento de tódolos programas e goza moito nela.

Acudiron á aula de informática en dúas sesións semanais. Traballaron por parellas co CD da Editorial Xerais os contados das fichas de traballo gráfico e co programa de recoñecemento das letras do MEC: “Las letras”, “Las vocales”.

Aprenderon  a manexar o rato e as teclas de avance e retroceso do teclado. Coñecen a mecánica de traballo dos diferentes softwares empregados e desfrutan do uso das novas tecnologías.

No Primeiro Ciclo de Primaria, continuaron o traballo co ordenador xa iniciado en cursos anteriores.

Seguiron familiarizándose co ordenador, adquiriron soltura en acender e apagar equipos, abrir e pechar programas, colocar e gardar CD, manexarse cos programas,...

Iniciáronse na escritura (con Creative Writer) e no debuxo (con Fine Artist).

Ademais utilizáronse en Primeiro os seguintes programas:

-         Trampolín Primeiro Ciclo.

-         Aprendo a leer con Pipo.

-         Matemáticas con Pipo.

-         Aplicacións do programa Clic (nas áreas de Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas e Coñecemento do Medio).

No Segundo Ciclo traballouse con:

-         Creative Writer: Empregouse no primeiro trimestre con Terceiro.

-         Word: utilizouse a partir do segundo trimestrecon Terceiro e en Cuarto.

-         Fine Artist: programa moi bo para o debuxo.

-         Paint: iniciáronse no seu coñecemento.

-         Programa de mecanografía Accu Type.

-         Trampolín Segundo Ciclo.

-         Selección de actividades de Clic (Matemáticas, Coñecemento do Medio, Lingua Galega, Lingua Castelá) tratados coordinadamente coas titorías segundo os contidos do ciclo.

-         Ortografía e Matemáticas de La Calesa.

-         Xadrez.

-         Actividades a través de Internet: www.lastresmellizas.com  , www.contossolidarios.org (Paz), busca de información e imaxes, prensa on line,…

 No Terceiro Ciclo traballouse en:

- sistema operativo: crearon carpetas, documentos, gardáronos, cambiáronos de lugar dentro do ordenador,…

- mecanografía co programa Accu Type.

- Word e Paint.

- creáronse presentacións en Power Point (con imaxes de cadros obtidas na visita virtual ao museo Thyssen) e o alumnado de Sexto fixo unha sobre Lorenzo Varela.

- navegaron por Internet, realizáronse buscas de información, obténdose imaxes e textos (sobre Literatura Galega, o Entroido, a Ribeira Sacra e a Volta ao mundo a vela).

- viron a utilidade das cámaras web.

- traballaron cos xogos educativos Trampolín 5º e 6º.

- buscaron novas na prensa dixital. Crearon a primeira páxina dun xornal.

- participaron nunha actividade en liña (“Dereitos Humanos” de Cajamadrid)

- traballaron con Clic (Comunidades Autónomas).

- navegaron en páxinas que teñen actividades educativas ( www.lastresmellizas.com  , “pequeños grandes amigos”,…)-