CEIP DE CEDEIRA 

(REDONDELA)

Principal Datos do Colexio Actividades Experiencias Investigación Creacións Comenius O contorno Novas

AULA DE MÚSICA

As clases de Música lévanse a cabo nunha aula insonorizada na que se diferencian dúas partes: unha con instrumentos de percusión Orff destinada á práctica instrumental, á linguaxe Musical e á audición; e outra totalmente libre de mobiliario destinada ó movemento, á danza e á expresión corporal.  

   Nas clases de Música, ademais de iniciar ós nosos alumnos na lecto-escritura musical, pretendemos que xoguen a ser músicos desenvolvendo deste xeito as súas aptitudes a partir da actividade musical.

  

Outros recursos que empregamos son a frauta como instrumento persoal que utilizan tamén na casa, audicións, discriminación auditiva e a canción como globalización de tódolos elementos musicais.

  

 

 

Os nenos e nenas completan a súa formación musical coa experiencia que supón mostrar o seu traballo ó público no festival das Letras Galegas, participando activamente con melodías e cantigas populares, no festival de Nadal con panxoliñas, e noutras celebracións e festas tradicionais coma o magosto, o Día da Paz, etc...