CEIP DE
CEDEIRA
(REDONDELA) |
||||||||
| Principal | Datos do Colexio | Actividades | Experiencias | Investigación | Creacións | Comenius | O contorno | Novas |
Érase unha vez un país chamado Galicia. Un país asomado ó mar. Un mar azul, profundo, inmenso, de augas claras, onde vivían, felices, os habitantes das profundidades mariñas: os polbos xigantes, as pescadas atrevidas, os tímidos cangrexos, os feros tabeiróns, as baleas xigantes…e milleiros e milleiros de preciosos peixes.
(Música.
Saen mariñeiros e mariñeiras. Infantil).
Pero
un día… Un barco grande, vello, cargado dunha substancia negra, pegañenta,
fea…¡O PETROLEO!, chegou ás nosas costas. De tan vello que era, o barco
rachou. E aquela substancia esparciuse polas nosas augas.
Aquel mar tan azul, limpo e claro, voltouse negro e pegañento.
(Música
tráxica. Sae a marea negra. 3º, 4º e 6º).
(Música
fúnebre).
Pero…
outra marea chegou despois da marea negra. Milleiros de persoas que, desafiando
ó temporal, á chuvia, ós ventos, ó frío, chegaron de todas partes de España
e doutros países para axudar a recuperar o noso mar: eran os voluntarios e as
voluntarias. Todos eles, xunto coas xentes de Galicia, traballaron e traballaron
para que o mar volvese a ser azul.
(Música.
Saen voluntarios e voluntarias. 5º).
E
aínda seguen a traballar:
Para
que nunca máis volva a haber outra marea negra.
Porque
non queren que morran os peixes nin as aves.
Non
queren que os mariñeiros teñan que deixar o seu traballo.
Queremos
un mar como é o noso: azul, inmenso, profundo, de augas claras, no que os nenos
e nenas poidan disfrutar e ser felices.
E
colorín, colorado, este conto aínda non está rematado.
(Música
de entroido).