CEIP DE
CEDEIRA
(REDONDELA) |
||||||||
| Principal | Datos do Colexio | Actividades | Experiencias | Investigación | Creacións | Comenius | O contorno | Novas |
No
pasado mes de xuño, os Colexios Públicos de Quintela e Cedeira, xuntáromonos
un curso máis para pasar unha xornada de relación e comunicación entre os
rapaces e rapazas dos dous centros.
A
comenzos do curso 2001-2002, ao profesorado pareceulle interesante e motivador
para o alumnado establecer unha relación máis estreita con algún colexio do
contorno co que máis adiante, ó rematar a Educación Primaria, o alumnado ía
encontrarse no mesmo Instituto.
Xa
que nos dous colexios víñanse celebrando
xornadas adicadas a recuperar os xogos tradicionais, este foi o eixe vertebrador
dos primeiros encontros. E dende entón, un
ano nun centro e ó seguinte no outro, profesorado e alumnado dos dous colexios
xúntanse para compartir e aprender uns dos outros e dicirlle adeus ó curso
escolar que remata.
Un dos obxectivos deste ano foi profundizar máis nos valores de cooperación e colaboración entre os rapaces das diferentes estapas educativas.
Podedes ver aquí algunha dos xogos que practicamos todos xuntos/as.

Unha actividade desenvolvida
en cursos pasados foi repartir entre tódolos rapaces debuxos
partidos á metade, e cada neno/a debía buscar ó compañeiro ou compañeira
que tivera o outro anaco e así poder completalo coloreándoo e recortándoo
conxuntamente, para posteriormente confeccionar un mural.
Outras
actividades levadas a cabo, aparte da recuperación
e práctica dos xogos
populares, foron intercambio de representacións teatrais e musicais,
e actividades deportivas…
Os
obxectivos perseguidos son:
- Poñer en contacto a rapaces e rapazas de distintas parroquias.
- Intercambiar experiencias.
- Estimular a creación dun clima activo, participativo e comunicativo.
- Favorecer a cohesión do grupo.
- Aprender a compartir.