CEIP DE CEDEIRA 

(REDONDELA)

Principal

Datos do Colexio

Actividades

Experiencias

Investigación

Creacións

Comenius

O contorno

Novas

  

  CREMA DE CASTAÑAS

 

Co gallo do MAGOSTO, os alumn@s de Infantil preparamos unha saborosa:

CREMA DE CASTAÑAS

Moi amablemente unha das nais dos nen@s procurounos tódolos ingredientes que aparecen na fotografía do lado, colocados xunto cos cubertos que empregamos para tan laboriosa tarefa. 

Ainda así, para que non haxa ninguhna dúbida dámosvolos por escrito. 
O xeito de preparala é moi sinxelo. Só tedes que pela-las castañas previamente cocidas (con fiuncho e anís que lle dá moi bó sabor). Isto deunos un pouco de chollo, pero con paciencia aínda xuntamos unha boa pila delas.

Despois a mesturar e remexer tódolos ingredientes empregando un garfo.
¡Estábanche ben boas!. Somos tan lambón@s que comemos a que nos preparou a nai dun alumno e a que fixemos nós, e con gana de máis convidámosvos a que a preparedes e nos chamedes para probala.

¡¡¡ ATA OUTRA COMPAÑEIR@S !!!