CEIP DE
CEDEIRA
(REDONDELA) |
||||||||
| Principal | Datos do Colexio | Actividades | Experiencias | Investigación | Creacións | Comenius | O contorno | Novas |
Nestes
tempos nos que todo transcorre tan de présa e a un ritmo tan vertixinoso, convén
que nos deteñamos un pouco para
pensar diante destes obxectos cargados de historia. E a lembranza neste ano do
etnógrafo Xaquín Lorenzo, “Xocas” é a ocasión para facelo.
“Xocas”
foi un investigador da historia, pero non da grande Historia dos
gobernantes e das batallas, senon da intrahistoria, da historia das pequenas
cousas, do que ocorre día tras día, da vida
cotiá... que en realidade é a grande e auténtica historia.
Este gran estudioso da nosa cultura é un bo coñecedor
dos nosos costumes e do noso patrimonio,
tal e como o reflexan os seus libros e artigos: froito da investigación
e do contacto directo coas xentes e coa realidade do país . 
A
súa mellor contribución foi a descrición dos oficios do noso país e dos seus
obxectos, das súas ferramentas.
Investigou
a vida que transcorre entre eses obxectos de uso doméstico, entre as mans que suxeitan
o arado ou botan a lancha ó mar, fan o pan ou tecen o liño...
Centrándonos precisamente
nestes obxectos que teñen
a
pegada íntima dos que os usaron, queremos agradecer ás familias dos rapaces e
rapazas da parroquia de Cedeira, que, coa súa colaboración, fixeron posible
esta exposición. Todos teñen un grande valor porque son parte da historia
individual, familiar e colectiva de toda u
nha
comunidade. A través deles coñecemos os seus nomes, os seus usos(ás veces
esquecidos) e a vida dos que os usaron.
Cando todos estes obxectos volveron de novo ás casas de onde viñeron soupemos mellor QUEN SOMOS




